viernes, 24 de noviembre de 2017

Os coidados de cans e gatos

Protección, cariño, exercicio físico, hixiene, atención veterinaria, alimentación adecuada... A decisión de ter unha mascota nos nosos fogares implica un compromiso e unha gran responsabilidade. Nas aulas de Infantil estivemos reflexionando sobre os coidados que necesitan cans e gatos para ter unha boa calidade de vida e realizamos unha chuvia de ideas que plasmamos en dúas nubes de palabras. Á realizada cos nenos e nenas de 5 anos démoslle a forma de pegada de can. Para a levada a cabo nas clases de 3 e 4 anos escollemos a cabeza dun gato.

martes, 14 de noviembre de 2017

martes, 7 de noviembre de 2017

A VISITA DE CANICROSS VIGO

No mes de Novembro, recibimos a visita da asociación de Canicross de Vigo.
Fixéronnos unha demostración de como os cans poden facer actividades lúdicas e deportivas, para competir en diferentes probas.
Foi unha mañán  moi divertida, para todo o alumnado e profesorado do noso colexio.