martes, 24 de abril de 2018

ADQUISICIÓN DE VALORES

Os de segundo traballamos valores empregando videos nos que os protagonistas son diferentes animais. Fomos visionando un vídeo por semana e traballando en grupo o que podíamos aprender das diferentes experiencias...

miércoles, 18 de abril de 2018

My talking Pets: Educación Infantil

O cabalo

CAMPAÑA PUBLICITARIA

Cos nenos/as de 4º  de primaria, estivemos traballando a influencia que ten a publicidade na sociedade. Nós queremos poñer o noso gran de area e concienciar as persoas que os animais domésticos son unha responsabilidade e non son un xoguete. Por iso, antes de ter un animal, tes que pensar que vai formar parte da túa familia e tes que coidalo e darlle cariño. Previamente visualizamos uns videos que tratan o tema do abandono animal e as súas consecuencias.
O alumnado elaborou uns carteis publicitarios para que se reflexione sobre este tema que desagraciadamente sempre está de actualidade.











lunes, 16 de abril de 2018

APARELLO DIXESTIVO NOS MAMÍFEROS

    O aparello dixestivo (que estivemos a traballar en segundo) é común en cans e gatos e similar ao dos seres humanos polo tanto si miramos con atención este video entenderemos como fan a dixestión cans e gatos (lembrade que nos cabalos tiñamos algunha peculiaridade...):




jueves, 12 de abril de 2018