lunes, 29 de enero de 2018

ANIMAL FACT FILE


Foron os/as nenos/as de 3º de E. Primaria
 os/as encargados/as de levar a cabo esta actividade.


Traballando de xeito individual elaboraron un dossier sobre o animal elixido por eles/as mesmos/as. 
Nel, ademais dunha imaxe, tiñan que aportar datos sobre: 

  • Tipo de animal 
  • Características físicas 
  • Alimentación
  • Hábitat
  • Algunha característica especial 



Aquí vos deixamos algúns deles en detalle.

miércoles, 24 de enero de 2018

CANCIÓN BINGO

Na aula de música, o alumnado de 1º, estivo cantando a canción "BINGO", na que os nenos/as teñen que ir deixando de cantar as letras que ten a palabra Bingo, o nome do can.
Despois os nenos/as fixeron uns debuxos sobre o can Bingo e como se imaxinaban que sería.











LETRA DA CANCIÓN
Había un granxeiro cun can
Bingo era o seu nome.
be i ene gue o (Tres veces)
Bingo era o seu nome.


martes, 23 de enero de 2018

Depois de informarnos sobre os cabalos, visitamos o Club Hípico A Muralla. Alí contáronnos cousas moi interesantes referidas ao seu coidado e alimentación. Ao final puidemos montar a cabalo,  así como fretar e peitear aos ponis.
Xa no colexio, na nosa clase de 1º, traballamos sobre a información recibida.

lunes, 15 de enero de 2018

O coidado dos animais

Sinais de cores
                     En Educación Infantil, traballamos , no Taller de Plástica, esta sinxela actividade, que consistiu en pensar, que actitudes son boas para as mascotas, e cales debemos evitar, para que sexan tratados co máximo cariño e respecto.

jueves, 11 de enero de 2018

ALIMENTACIÓN DOS CABALOS

Os cabalos teñen o aparello dixestivo con moitas similitudes ao noso, ainda que xa vimos na aula de segundo e na visita que fixemos á Hípica cos de primeiro que teñen certas peculiaridades, mirade estes videos para lembrar certas cousas: