viernes, 25 de mayo de 2018

Samba, can de axuda terapéutica

Samba, unha canciña dun ano, visitou o noso colexio, para compartir un tempo de lecer cos nenos e nenas de Educación Infantil. A entrenadora de Samba, explicounos como é capaz de axudar a nenos@as con problemas e tamén trucos moi sinxelos sobre o seu adestramento. Aquí vai unha mostra de cómo foi a xornada.

miércoles, 23 de mayo de 2018

CABALOS

O alumnado de segundo estivemos a repasar aspectos dos cabalos que xa viramos, incorporamos algunha ficha feita por eles nas que relacionamos estes animais con algún mitolóxico con certo parecido:


martes, 22 de mayo de 2018

AS MASCOTAS DOS ALUMNOS@AS DE 6ª PRIMARIA

Aquí tedes unha selección do traballo dos compañeiros e compañeiras de 6º curso. Preséntannos as súas mascotas e dannos algún dato interesante deles.

martes, 15 de mayo de 2018

OS CONTOS DAS MASCOTAS ABANDONADAS
Son contos creados por alumnado de 3º curso, logo de asistir á charla "Educando con Malibú". Como debemos actuar cando topamos un animal abandonado? 


jueves, 10 de mayo de 2018

Agility Compostela

Hoxe 10 de Maio, e dentro da programación do Plan Proxecta, visitounos a asociación Agility Compostela, para ensinarnos a labor que fan cos cans de adestramento, tanto para a búsqueda de explosivos, persoas en perigo, rescates, etc.

martes, 8 de mayo de 2018

Traballamos un conto

Seguindo a temática das mascotas e o seu coidado, en Educación Infantil, traballamos o conto "El pez arco iris", grazas a colaboración do equipo de Biblioteca do centro que mercou o libro e emprestounolo as nosas aulas. Fixemos este traballo plástico sobre as cores que resultou moi vistoso.

OUR FARM ANIMALS WHEELS

FARM ANIMALS WHEELS
elaboradas polo alumnado
de 2º de E. Primaria

Este traballo consistiu en elaborar dúas rodas nas que na metade superior se pegaron as imaxes dos animais traballados e na inferior a información sobre os mesmos. 



Logo tapábanse as rodas con outros círculos xiratorios, nos que se cortaron uns ocos en lugares estratéxicos, que permitisen ver ao mesmo tempo a imaxe dun animal e ler as súas características e o nome dos/das autores/as de cada parte.


Aquí vos deixamos 
imaxes con máis 
detalles, tanto dos debuxos coma das fichas coa información.
Por certo, a decoración do exterior das rodas 
e do taboleiro tamén correu 
a cargo de cada parella!!!!