lunes, 19 de febrero de 2018

OS DEZ CANCIÑOS

Co alumnado de 2º e 3º en Educación Musical, estivemos traballando a canción "Os dez canciños". A canción busca a rima entre un número e o novo fogar de cada can. Por exemplo: o número nove foi a neve, o oito está con Pinocho, o sete viaxou nun cohete , o seis vive co rei, o cinco quedouse no circo, o catro foise co gato, o tres quedouse nun tren, o dous foi a Xapón e o un quedouse a vivir con Bruno. O que se quedou conmigo é o meu mellor amigo.
Os nenos/as despois de cantar a canción fixeron uns debuxos dos cans nos seus novos fogares.