jueves, 14 de junio de 2018

ESTUDO DOS VERMES DE SEDA
 
Como os vermes de seda son os únicos insectos que podemos ter na aula sen que isto supoña ningún problema para o noso alumnado, en 1º de Primaria decidimos traballar con eles e poder observar o ciclo completo da metamorfose.
Cada alunmo/a encargouse do coidado dos seus vermes: limpeza, alimentación...

 
Os vermes buscan unha esquina e comezan a facer o casulo. 


martes, 12 de junio de 2018

LAIKA + LAIKA'S ADVENTURE

Este traballo foi realizado polos alumnos@as de Infantil 4 anos, xunto coa colaboración da mestra especialista en Inglés. Aprenderon por que foi famosa esta canciña, e moitos datos curiosos sobre ela. Ahí tedes una mostra....

Aprendendo sobre Laika

Este traballo é unha mostra da aprendizaxe dos alumnos@as de Educación Infantil de 3 e 5 anos, sobre Laika, o primer ser vivo en orbitar a Terra.

lunes, 11 de junio de 2018

Canción: Eu teño un can

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil aprenderon e interpretaron esta canción tan divertida, sobre os cans. Aquí vai unha mostra delo neste vídeo.

viernes, 8 de junio de 2018

Escola de equitación La Muralla

O alumnado de Educación Infantil, pasou unha  xornada na escola de equitación La Muralla, na que compartiron tempo cos cabalos, e aprenderon os seus coidados básicos, pasearon nos ponis, visitaron os establos, etc.

lunes, 4 de junio de 2018

MY TALKING PETS: 6º PRIMARIA

ACTIVIDADE PLÁSTICA: 
OS ANIMAIS DA GRANXA
En 3º estudamos a gandería e os tipos de gando. Na clase de plástica fixemos unha actividade sobre os animais da granxa.
Sobre un debuxo básico dunha granxa engadiron detalles como cultivos, máquinas, ferramentas... empregadas nas actividades agrícolas e gandeiras. Logo debuxaron en cartolina animais, os recortaron, os pegaron sobre a granxa colocando no medio un anaco de cartón para dar un efecto 3D. 

viernes, 25 de mayo de 2018

Samba, can de axuda terapéutica

Samba, unha canciña dun ano, visitou o noso colexio, para compartir un tempo de lecer cos nenos e nenas de Educación Infantil. A entrenadora de Samba, explicounos como é capaz de axudar a nenos@as con problemas e tamén trucos moi sinxelos sobre o seu adestramento. Aquí vai unha mostra de cómo foi a xornada.

miércoles, 23 de mayo de 2018

CABALOS

O alumnado de segundo estivemos a repasar aspectos dos cabalos que xa viramos, incorporamos algunha ficha feita por eles nas que relacionamos estes animais con algún mitolóxico con certo parecido:


martes, 22 de mayo de 2018

AS MASCOTAS DOS ALUMNOS@AS DE 6ª PRIMARIA

Aquí tedes unha selección do traballo dos compañeiros e compañeiras de 6º curso. Preséntannos as súas mascotas e dannos algún dato interesante deles.

martes, 15 de mayo de 2018

OS CONTOS DAS MASCOTAS ABANDONADAS
Son contos creados por alumnado de 3º curso, logo de asistir á charla "Educando con Malibú". Como debemos actuar cando topamos un animal abandonado? 


jueves, 10 de mayo de 2018

Agility Compostela

Hoxe 10 de Maio, e dentro da programación do Plan Proxecta, visitounos a asociación Agility Compostela, para ensinarnos a labor que fan cos cans de adestramento, tanto para a búsqueda de explosivos, persoas en perigo, rescates, etc.

martes, 8 de mayo de 2018

Traballamos un conto

Seguindo a temática das mascotas e o seu coidado, en Educación Infantil, traballamos o conto "El pez arco iris", grazas a colaboración do equipo de Biblioteca do centro que mercou o libro e emprestounolo as nosas aulas. Fixemos este traballo plástico sobre as cores que resultou moi vistoso.

OUR FARM ANIMALS WHEELS

FARM ANIMALS WHEELS
elaboradas polo alumnado
de 2º de E. Primaria

Este traballo consistiu en elaborar dúas rodas nas que na metade superior se pegaron as imaxes dos animais traballados e na inferior a información sobre os mesmos. 



Logo tapábanse as rodas con outros círculos xiratorios, nos que se cortaron uns ocos en lugares estratéxicos, que permitisen ver ao mesmo tempo a imaxe dun animal e ler as súas características e o nome dos/das autores/as de cada parte.


Aquí vos deixamos 
imaxes con máis 
detalles, tanto dos debuxos coma das fichas coa información.
Por certo, a decoración do exterior das rodas 
e do taboleiro tamén correu 
a cargo de cada parella!!!!

martes, 24 de abril de 2018

ADQUISICIÓN DE VALORES

Os de segundo traballamos valores empregando videos nos que os protagonistas son diferentes animais. Fomos visionando un vídeo por semana e traballando en grupo o que podíamos aprender das diferentes experiencias...

miércoles, 18 de abril de 2018

My talking Pets: Educación Infantil

O cabalo

CAMPAÑA PUBLICITARIA

Cos nenos/as de 4º  de primaria, estivemos traballando a influencia que ten a publicidade na sociedade. Nós queremos poñer o noso gran de area e concienciar as persoas que os animais domésticos son unha responsabilidade e non son un xoguete. Por iso, antes de ter un animal, tes que pensar que vai formar parte da túa familia e tes que coidalo e darlle cariño. Previamente visualizamos uns videos que tratan o tema do abandono animal e as súas consecuencias.
O alumnado elaborou uns carteis publicitarios para que se reflexione sobre este tema que desagraciadamente sempre está de actualidade.











lunes, 16 de abril de 2018

APARELLO DIXESTIVO NOS MAMÍFEROS

    O aparello dixestivo (que estivemos a traballar en segundo) é común en cans e gatos e similar ao dos seres humanos polo tanto si miramos con atención este video entenderemos como fan a dixestión cans e gatos (lembrade que nos cabalos tiñamos algunha peculiaridade...):




jueves, 12 de abril de 2018

jueves, 8 de marzo de 2018

"O BO SAMARITANO", "CHUSCO UN CAN DA RUA"

Todo empezou na clase de cuarto cando limos a parábola do Bo Samaritano, ésta nos ensina a amar e a axudar ás persoas necesitadas, ainda que non as coñezamos.


Despois de ler "Chusco, un can da rúa", nos coma o samaritano axudamos a todolos Chuscos que nos imos atopando, facendo sempre dende o respeto e o coidado aos animais. Froito deste traballo temos o seguinte libro:

lunes, 19 de febrero de 2018

OS DEZ CANCIÑOS

Co alumnado de 2º e 3º en Educación Musical, estivemos traballando a canción "Os dez canciños". A canción busca a rima entre un número e o novo fogar de cada can. Por exemplo: o número nove foi a neve, o oito está con Pinocho, o sete viaxou nun cohete , o seis vive co rei, o cinco quedouse no circo, o catro foise co gato, o tres quedouse nun tren, o dous foi a Xapón e o un quedouse a vivir con Bruno. O que se quedou conmigo é o meu mellor amigo.
Os nenos/as despois de cantar a canción fixeron uns debuxos dos cans nos seus novos fogares.











lunes, 29 de enero de 2018

ANIMAL FACT FILE


Foron os/as nenos/as de 3º de E. Primaria
 os/as encargados/as de levar a cabo esta actividade.


Traballando de xeito individual elaboraron un dossier sobre o animal elixido por eles/as mesmos/as. 
Nel, ademais dunha imaxe, tiñan que aportar datos sobre: 

  • Tipo de animal 
  • Características físicas 
  • Alimentación
  • Hábitat
  • Algunha característica especial 



Aquí vos deixamos algúns deles en detalle.

miércoles, 24 de enero de 2018

CANCIÓN BINGO

Na aula de música, o alumnado de 1º, estivo cantando a canción "BINGO", na que os nenos/as teñen que ir deixando de cantar as letras que ten a palabra Bingo, o nome do can.
Despois os nenos/as fixeron uns debuxos sobre o can Bingo e como se imaxinaban que sería.











LETRA DA CANCIÓN
Había un granxeiro cun can
Bingo era o seu nome.
be i ene gue o (Tres veces)
Bingo era o seu nome.


martes, 23 de enero de 2018

Depois de informarnos sobre os cabalos, visitamos o Club Hípico A Muralla. Alí contáronnos cousas moi interesantes referidas ao seu coidado e alimentación. Ao final puidemos montar a cabalo,  así como fretar e peitear aos ponis.
Xa no colexio, na nosa clase de 1º, traballamos sobre a información recibida.

lunes, 15 de enero de 2018

O coidado dos animais

Sinais de cores
                     En Educación Infantil, traballamos , no Taller de Plástica, esta sinxela actividade, que consistiu en pensar, que actitudes son boas para as mascotas, e cales debemos evitar, para que sexan tratados co máximo cariño e respecto.

jueves, 11 de enero de 2018

ALIMENTACIÓN DOS CABALOS

Os cabalos teñen o aparello dixestivo con moitas similitudes ao noso, ainda que xa vimos na aula de segundo e na visita que fixemos á Hípica cos de primeiro que teñen certas peculiaridades, mirade estes videos para lembrar certas cousas: